viernes, 2 de agosto de 2024

Opiniones de taberna:


  

A opinión de... 




Cibrán Chaves



"DESFRUTEMOS DEL MENTRES ESTEA NO CÉSPEDE"



Son as 19:30 horas dun martes 30 de xullo.Tras unha xornada laboral estresante e de moita calor, poño o partido no YouTube con media hora de diferido . O Lille non hai tanto que gañou a Ligue 1 e este ano xogará a previa de Champions. Un gran equipo, e ben considerado nas previas, pero o meneo que nos están a meter nos primeiros 30 minutos non o vira vir. Iago prácticamente nin a tocou ata este momento, e nunha das poucas pelotas que conseguimos roubar en medio campo intenta, so, encarar a dous rivais. 
Xa pintaba mal a acción: con moito campo por diante e ante uns defensas franceses que van como avións, o presaxio non é óptimista. E abofé que nin preto estivo de rebasalos. É o normal na meirande parte dos xogadores, moi difícil ter esa capacidade para desequilibrar. 

 O de Moaña era deses elixidos que podía irse prácticamente de quen quixera. Pero xa pasou outro ano e xa son 37 ás costas, xa non pode ter a mesma chispa,  e por propia natureza, ese turbo cada vez irá tirando un chisco menos. 
Nese momento tiven unha sensación que xa experimentara noutras ocasións.

 Tiveraa con Gudelj, cando, nunha presentación do equipo nunha pretempada, collera o micro e case que estoupara entre bágoas porque intres antes se enterara de que o clube non contaba con el, e todo ía rematar cun traspaso ao Compos.
Tamén con Mazinho, que tras aquela lesión non volveu ser o mesmo. Con Mostovoi...e seguramente outros a tiveron con moitos tantos que vestiron a camisola celeste nestes primeiros cen anos de vida. 
Esa sensación de que ese tío que tantos partidos viches, e co que tanto desfrutaches, non vai durar sempre e que cada ano que empeza non sabes se será o seu último.
Quén o diría dende que xogaba no Celta B cando non era nin titular indiscutible, daquela era o irmán de Jonathan, que mesmo ía ir convocado co primeiro equipo nun partido en Riazor e finalmente non poido por ser expulsado con vermella directa o día anterior en Barreiro, tras un manotazo na faciana a un rival, na banda da bancada cuberta e a 5 metros aproximadamente de onde estaba sentado o que escribe estas liñas, (nese momento en calidade de "observer" jeje).
Ou dende aquel debut en Balaidos co Alavés, pasando por aquel ascenso no 2012, a permanencia do 4%, Camp Nou, Bernabéu, San Mamés, Calderón, Los Cármenes, Riazor, Madrigal, Mestalla, Old Trafford, Amsterdam Arena, zarras, semifinais...tantos e tantos momentos que xa vivimos con el dende entón. 

E os que quedan..pero claro, xa non sabemos cántos máis e supoñemos que non moitos.
Así que aí estarei este ano vendo o que queda de pretempada e todolos partidos oficiais, ainda que sexa en diferido. Porque non teño dúbida de que voltará un ano máis a facer un temporadón, e darnos tardes e noites memorables... pero tampouco de que xa van quedando menos desas...
Por iso, ainda que é posible que o Celtiña nos volte a encabronar este ano, non esquezamos que estamos a vivir a outro tipo que será imborrable nas nosas cabezas celtistas no futuro, como xa foron no seu momento Gudelj, Mazinho ou  Mosto... e como polo de agora afortunadamente segue a ser Iago Aspas.


 Relaxémonos e desfrutemos del mentras estea no céspede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Próximo directo de A Taberna!

  𝐓𝐀𝐁𝐄𝐑𝐍𝐄𝐈𝐑@𝐒!! Hoxe é Luns, o que significa que toca 𝐏𝐎𝐒𝐓 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 do @UDLP_Oficial 0-1 @RCCelta Falaremos de mo...