martes, 6 de agosto de 2024

Opiniones de taberna:




 A opinión de... 




Iago S.F.


"A IMPORTANCIA DOS CATIVOS EN BALAÍDOS"



Lembro a primeira vez que entrei en Balaídos, foi na grada de Río Alto, nas aperturas de portas que se facían antes cando quedaban 15 minutos para o final do encontro, lembro entrar con meu pai, que por aqueles tempos e sendo de familia obreira, non alcanzaba para mercar as entradas.

O primeiro que lembro e a xente alporizada, nun estadio que para min, pola miña idade, estaba cheo. Eran os minutos finais do encontro, e non lembro o resultado nin o rival, o que lembro e un penalti en contra do Celta, na portería da bancada de Gol. Lembro como un porteiro descoñecido para min, fíxome saltar e berrar como un tolo por primeira vez na miña vida, aquel porteiro era Maté, e parou ese penalti con xeonllo no último min.

Lembro como ulía a céspede, a pipas e a puro. Lembro que xente que non coñecía me falaba e abrazaba. Ese día, con menos de dous díxitos de idade, souben que ese equipo da miña cidade, era o meu equipo, e que aquel porteiro que non virá na miña vida era o meu heroe.

E porque vos conto todo isto?
Será porque pasamos moito tempo cun Balaídos a medio encher, porque víase a rapazada da cidade con camisolas doutros equipos, e iso facía que me pregúntase que diantres se facía mal.

Pola contra, hoxe en día, podo ver Balaídos con orgullo, vendo tanta rapazada, como eu naquel tempo, vibrando ca celeste, a nais e país con fillos e fillas no estadio, e sobre todo, ese sentimento de pertenza que algunha vez críen que perdiamos.

Como conclusión e motivo de todo isto, reforzo a miña idea que o celtismo faise dende os cativos, eles serán o noso futuro no campo e nas bancadas, polo que toda axuda dende o club para que iso ocorra e a semente do futuro do Celta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Próximo directo de A Taberna!

  𝐓𝐀𝐁𝐄𝐑𝐍𝐄𝐈𝐑@𝐒!! Hoxe é Luns, o que significa que toca 𝐏𝐎𝐒𝐓 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 do @UDLP_Oficial 0-1 @RCCelta Falaremos de mo...