miércoles, 18 de junio de 2025

Opiniones de taberna:


-  A opinión de... 




Mr Celta


A PROPOSTA DE RAÚL BLANCO


- 🧙🏻‍♂ 𝐑𝐀Ú𝐋 𝐁𝐋𝐀𝐍𝐂𝐎 

Se tivese que propoñer un fichaxe intelixente, emocional e rendible para o RC Celta, sería sen dúbida Raúl Blanco.

⚽ Este rapaz xa demostrou calidade de sobra co Celta Fortuna: 11 goles e 9 asistencias na súa mellor tempada. Un mediapunta creativo, vertical, con gol e visión de xogo. Un xogador que marca diferenzas sen necesidade de ser estrela.


➡ Este ano, chegou cedido ao Racing de Ferrol e, nas primeiras semanas, tivo bo rendemento: xogou 14 partidos (7 como titular) e aportou intensidade e desequilibrio. Foi importante nos esquemas iniciais. Pero unha lesión complicada no talón e un cambio de adestrador cortaron esa progresión. Unha situación que lle afectou, pero que non borra o seu potencial nin o seu traballo constante.


💙 E algo que non se pode ensinar: é celtista de sangue. Natural de Moaña, pasou 15 anos na nosa canteira. Un rapaz que sempre soñou con vestir a celeste no primeiro equipo. Ten talento e, sobre todo, identidade, algo cada vez máis valioso.


💶 A nivel económico, é unha operación de libro: baixo custo de fichaxe, soldo asumible e marxe de progresión. Sen hipotecar nada, sumas calidade, compromiso e experiencia en fútbol profesional.


📈 E por se alguén pensa que “xogou pouco en Ferrol”… esta mesma tempada o Celta apostou por Losada, que chegaba do Betis sen apenas minutos. Apostouse por el e agora é parte do proxecto. Entón, por que non facer o mesmo cun xogador da casa, con pasado celeste e ambición de presente?


🔁 Ademais, pode ocupar perfectamente as posicións de Alfon e Fer López, dous xogadores que sairán con case total seguridade neste mercado. Raúl pode actuar tanto de mediapunta como en calquera das dúas bandas, cubriendo esas vacantes con máis calidade e ADN celeste.


📆 O Celta xogará 3 competicións esta tempada. E Raúl non viría para ser titularisimo, pero si para competir polo posto e ser un recambio de garantías, un perfil versátil que suma sen restar. E cando haxa rotacións ou baixas, será deses xogadores que responde sen escusas.


💬 Raúl Blanco sería un fichaxe de club, de corazón e de cabeza.


👉🏻 Veríades con bos ollos que voltase a Vigo






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Próximo directo de A Taberna!

- 📢 𝐌𝐚ñá, 𝐏𝐎𝐒𝐓𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 𝐧𝐚 𝐓𝐀𝐁𝐄𝐑𝐍𝐀! 🕥 A partir das 𝟮𝟮:𝟯𝟬𝗵 𝗲𝗻 𝗬𝗼𝘂𝗧𝘂𝗯𝗲 analizaremos todo o que deixou a pr...