sábado, 7 de junio de 2025

Opiniones de taberna:


A opinión de... 




Dani GT



O DIFÍCIL É DECIDIR, O DOADO É OPINAR


O 24 de Maio de volvíamos crer que os soños se cumplen, volvíamos a disfrutar cos nosos e polos que non están. Se isto es un soño, non me desperten!

Dende ese preciso instante, as ondas do mar de Vigo non pararon de arribar rumores. Se todos os anos soan unha cantidad infame de nomes, despois dunha tempada envidiable por moitos; non ía ser menos. O último en desembarcar nas costas olívicas é a posible saída de Sotelo. Os axentes comunicarolle o club que ten unha oferta en forma de cesión con compra dun clube importante de Italia. A expensas do que pase con Ilaix, Hugo estarase a plantexar saír

Por un lado teremos a visión do club, ese que ten as esperanzas postas de que sexa un diamante en bruto aínda por pulir. E por outro, estará a visión do xogador na que querrá participar máis e dar un paso adiante na súa carreira. E eu pregúnto, irte a un club importante de Italia, máis poderoso co Celta, vaite a dar o que buscas?, se queres minutos ¿non crees que disputando 3 competicións e cun adestrador que, non só confía nas túas posibilidades, senon que sabes que rota; non vas ter o tempo e a oportunidade de mostra-la túa valía?


É certo que “o que non arrisca non gaña”. Se é unha boa oportunidade, debería aproveitala, pero terá que por na balanza cal é o que pesa máis; se quedarse na casa ou zarpar polo Adriático.

Coma xa dixen varias veces,creo que a súa saída en forma de cesión, sería beneficiosa sempre e cando atines co destino. Víñalle ben face-la mili e xogar o máximo posible. O que está claro é que se Hugo quere medrar na súa carreira, terá que dar un paso ó frente

O club, pola súa parte, no debe titubear. Se ti queres quedar arroparémosche o máximo, pero se te queres marchar, traenos algo suculento que compense o que nos creemos que vales. E non pasaría nada, “ónde péchase unha porta, ábrese unha fiestra” para os Román, Marcos e cia
Entendo o punto de vista do xogador, “a veces hai que perderse para atoparse”; e só tomando decisións difíciles, para ben ou para mal, vas a aprender e a crecer. O tempo dirá qué decisión tomará ó respecto. O final “cada un é dono do su destino”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Próximo directo de A Taberna!

  - 🎙🔥 𝐇𝐎𝐗𝐄, Á𝐒 𝟐𝟐:𝟑𝟎 — 𝐃𝐈𝐑𝐄𝐂𝐓𝐎 𝐄𝐍 𝐀 𝐓𝐀𝐁𝐄𝐑𝐍𝐀 𝐂𝐄𝐋𝐓𝐈𝐒𝐓𝐀! 🔥🎙 Noite de fútbol, rumores, fichaxes… e moita ...